Sobre a descarga e impresión de documentos dunha web

Semella que xurden algúns pequenos problemas ao imprimir os documentos da web, polo que adicaremos unhas liñas a esta cuestión.

Hai moitas maneiras de colcar documentos para que os usuarios os poidan imprimir, e tódalas solucións teñen as súas ventaxas e os seus inconvintes.

A solución utilizada nesta web é unha solución bastante sinxela e útil, pero non deixa de ter as súas cousiñas. Non se pode ter todo, e as veces e simplemente cuestión de escoller.

Moitos teredes visto vídeos ou películas en Internet, na modalidade que se chama streaming. Isto consiste en que o arquivo vaise descargando de tal xeito que se pode ir vendo ao mesmo tempo. Se tratas de avanzar o vídeo máis alá do que está descargado, durante uns intres non veredes máis que un símbolo de que está cargando. E é normal, simplemente sucede que o que pretendedes ver aínda non se descargou.

A opción escollida na web permita a súa visualización sen precisar a súa descarga. Así, se queredes consultar algo simplemente ides á sección adecuada e ledes tranquilamente o que sexa. Digamos que queredes botar un vistazo ao regulamento. Non hai necesidade de gardalo no disco nin abrir programa algún; simplemente o ves na propia web coma os vídeos antes aludidos.

A comparación cos vídeos aludidos é pertinente: o arquivo tense que cargar e en función de moitas cousas pode tardar máis ou menos. Para un artigo cunhas cantas páxinas, se lle das a imprimir antes de que remate de cargalo, por suposto o documento non estará completo. E non só iso, senón que se nos avisará: «mira que isto inda non rematou de descargarse». E por suposto, se lle das a aceptar e logo a imprimir, vas a imprimir só o que estea cargado nese momento.

En calqueira web na que queiramos descargar un pdf que esteamos a ver, é boa idea ir ata a súa derradeira páxina: así asegurámonos de que está cargado completamente.

Outra cousa desconcertante para algúns pode ser que a impresión non se faga como se espera. Por exemplo, no meu equipo a impresión do regulamento farase en dúas páxinas, de tal xeito que en cada unha se impriman dúas do documento orixinal (que ten catro, claro) porque é a configuración que teño por defecto. Distintos sistemas poden ter distintas configuracións, polo que o resultado pode ser distinto ao que esperades. Podedes pensar no botón «imprimir» como unha especie de «impresión rápida», e estaríades bastante preto da idea.

Pero os navegadores tamén teñen o seu propio menú «imprimir»… ¿que pasa se queres imprimir a acta do outro día desta maneira? No meu sistema Firefox limítase a construir unha páxina co encabezado e a primeira páxina do documento, sen máis: nin menú, nin lateráis, só a imaxe de encabezado e a primeira páxina do pdf.

Ao carón do botón ou icono de «imprimir» hai outro para a súa descarga. Xeralmente, se pulsamos ahí o navegador nos preguntará se queremos descargalo e gardalo no disco ou se queremos abrilo con algún programa. Ben, unha alternativa é darlle a «abrir con» e asegurarse de que está seleccionado o programa adecuado. Para a maioría de vós será Adobe Reader, pero hai moitos outros programas para isto.

Outra das posibilidades é a que se usou cando se publicou a entrada Publicación da última acta e material de descarga. Ahí puxen os enlaces directos ao pdf, de xeito que fose o navegador de cada un quen se encargase del. Para a maioría, isto supón que se abre unha pestaña co visor de pdf que utilice o navegador de turno; para outros, pudera ser que se lles ofrecese a súa descarga directamente: depende da configuración que teña o navegador de cada quen.

Ben, con isto agardo que se vos fixese máis claro  por que se fixo así. Eu penso que ten senxo que esté así, pero é só unha opinión. ¡Ah! e insístovos en que preguntas e queixas e problemas podedes envialos a webmaster@amigosdotute.es.

Saudiños!!

Deja una respuesta