En este momento estás viendo Remodelación da Web

Remodelación da Web

Coincidindo co arrinque da tempada 2018/2019, a web ven de sufrir certos cambios que inda están sen concluir pero que sen dúbida xa son ven notables. Se non hai cambios importantes de última hora, a estructura ha de quedar tal cual está.

En principio, hai unha versión simplificada para o móvil que en esencia é a mesma que xa se utilizou o ano pasado e que só recibirá pequenos cambios estéticos.

Haberá cambios meramente estéticos case con total seguridade, cando os calendarios se implementen, con obxeto de manter a millor apariencia posible para facer o uso da web o máis cómodo posible.

Por outra parte, non é probable que se cambie moito a nova estructura da web. Agora no canto dun longo menú que incluía todas as opcións disporase de ata catro menús.

  Menú Principal

Nes poderase acceder á sección de Novas e a toda a información de anteriores campionatos (tanto as ligas como as copas).

Tamén haberá un menú de Inicio para poder acudir á páxina inicial dende calqueira lugar da web.

 

Barra lateral

Disporá dun ou dous widgets (segundo os resultados das probas que se farán) e dous menús.

Zona de Widgets

A idea inicial é manter un widget coa clasificación dos catro grupos cun formato de pestañas colocadas en orde alfabética.

Nembargantes, tamén é bo sitio para manter as últimas entradas da sección de Novas.

Menú Tempada 2018/19

Enlaces ao calendario completo (incluido resultados das partidas xa desputadas), Clasificación extendida e Sedes dos locais participantes.

As copas que se acorden desputar así como o torneo que se faga para decidir o gañador da liga tamén terán enlaces nesta sección.

Menú Documentos

Enlaces a documentos a usar para participar na liga: Fichas, Follas de Resultados e Regulamento.

Menú Nós

No pé de páxina haberá un pequeno menú con información da asociación, tanto os estatutos como as actas que se vaian publicando.