Final da liga regular

Xa rematou a liga regular para os grupos A e B, e se ben inda non están dispoñibles os resultados da partida entre Vázquez e Casa Deza, xa se coñecen os dous gañadores das respectivas ligas.

Finalmente non puido ser o doblete para o Anduriña, que ve como por só cinco puntos se lle escapa a posibilidade de xogar a final polo título de Liga 2015. A final xogarana o Milmañas co Anduriña 2, e xogarase para a semana que ven, ao tempo que se inicia a Copa da Liga.

Tamén se sabe que equipos estarán exentos da primeira rolda do torneo de Copa que se inicia a semana que ven: Ademáis dos campións das súas respectivas ligas, estarán exentos o Anduriña 1, o Xacobeo, o Casa César polo grupo A, e o Azteca, o Cova do Moure e o Ben o Ves.

Saúdos!!

Deja una respuesta