Faltan datos para as fichas!!!!!

Hola.

Aínda faltan moitísimos datos para a web, en particular fichas e logos. Eu teño algunhas fichas, pero só teñen foto (e non todas), nome e algún dato máis. Precísase a relación de xogadores de cada equipo.

Cantos máis detalles aportedes, máis cousas se poderán facer na web. A idea a priori e dispor dunha páxina para os locais que teñen equipo, coa súa situación e a información que queiran por os donos; tamén está a idea de ter fichas de xogadores para facer rexistros análogos a outras ligas de outros deportes (xogadores con máis puntos, por exemplo).

Así que animádevos a mandar todo o que poidades e máis: logos dos locais, fichas dos locais, fichas dos xogadores de cada equipo… tedes para iso a dirección da web
info@amigosdotute.es
.

Por certo, nada vos impide (salvo os efectos promocionais) usar «motes» para os equipos, que se usarían en conxunto cos nomes «oficiais». Se queredes usar un mote para o equipo, non tedes máis que avisar!!!

Saúdos!!

Deja una respuesta