Campión de Liga, e Segunda rolda da copa

Ola.

Noraboa ao Diana por alzarse co título de Campión da Liga 2016/2017 logo de imporse ao Abellas por un global de 13 a 5. Tamén se xogou a 3ª e 4ª plaza, obtidas por Chicho e Nicole, respectivamente.

Como é de agardar, na portada aparece a nova rolda para a Copa da Asociación 2107. Para ela clasificáronse os 11 equipos que gañaron a rolda anterior e os equipos que desputaron o título de Campión, Segundo, Terceiro e cuarto. Pediuse unha repesca por sorteo para a que preparei unha lista dos equipos que entraban no sorteo ordeada por orde alfabética; a cada un asignóuselle un número aleatorio comprendido entre 0 e 1 (p.ex. 0,8674442) e logo ordeáronse segundo estes valores ata 3 veces consecutivas de forma ascendente; o primeiro da lista final foi o escollido para participar na segunda rolda.

Para millor uso da web, engadíronse varias páxinas na opción de menú «Tempada 2016/2017»: Campeonato, que recolle os enfrontamentos polo 1º e 2º posto, Terceiro e Cuarto, que recolle os enfrontamentos polo 3º e 4º posto, e Copa 2017, onde se irán gardando os resultados das sucesivas eliminatorias.