Cambios na web para amosar as partidas aprazadas

Ola!

Pois iso, que tiña pendente organizar o asunto.

Antes de que comezara a liga xerei unha combinación de enfrontamentos, coa condición de que fosen a ida e volta e comezasen o 15 de setembro. Logo engadiuse que os equipos que comparten local non xogasen na casa na mesma data, o que obrigou a cambiar moitos dos enfrontamentos, alterando a dinámica «fóra/casa» como puidestes ver.

Ao principio respetouse o principio de «xogar tódolos luns». Logo de decidir que non se xogase tales días, foi máis sinxelo aprazar só as datas que coincidían en festivos que mover tódalas partidas unha ou dúas semanas, o cal tamén foi unha opción. Finalmente, cambiamos as partidas do 8 de decembro e do 6 de xaneiro, para o 23 de febreiro e o 2 de marzal. Eu puxen unha nota advertindo este cambio, e creo que en máis dunha ocasión lle preguntastedes a Carlos a mesma cuestión e que se falou a traverso do grupo do whatsup máis dunha vez.

Cóntovos o de cómo se xeraron as partidas e os cambios posteriores porque se antes a dinámica fóra/casa non se seguía de forma literal, agora, ao cambiar dúas datas arbitrarias, podedes atopar que cambia máis aínda, anque iso non afectará tanto a todos. A quen lle coincidira fóra/casa (na aprazada)/fóra, por exemplo, agora terá fóra/nada no festivo/fóra; non obstante, se tiñas por exemplo fóra/fóra (na aprazada)/casa, terás un fóra/nada no festivo/casa. Cómo coinciden as aprazadas depende, naturalmente, das partidas aprazadas concretas.

Dito iso, o asunto é que me quedou pendente modificar as seccións «Vindeira» para que tamén se visen as partidas aprazadas. Na miña defensa, dicir que estaba a considerar por unha seccións para as partidas aprazadas, posto que os que vístedes o calendario de enfrontamentos ao principio habredes visto que a tempada remataba en o 15 de febreiro… Ben, a idea era cómo facelo máis visible. En perspectiva, o cambio nas seccións «Vindeiras» para que se amosen as partidas ata o 2 de marzal é bastante sinxelo, e no tocantes ao final de tempada… ben, ao final montouse máis confusión da que se pretendía evitar.. así que a idea correcta era simplemente ter cambiado isto e simplemente. Así que desculpade a confusión que vos puido causar que non houbese resolto isto antes.

Iso si, un apuntamento: na web tedes un enlace para enviarme calqueira consulta, apuntamento ou crítica que queirades facer sobre a web. No grupo de whatsup compartides fotos e outra información, así que non o sigo tan detidamente.

Saúdiños!!!

pdta.: tamén é un bo sitio para que enviedes material que poidades querer que se poña nela 😉

Deja una respuesta