En este momento estás viendo Cambios na web

Cambios na web

Estes días poida que advertirades problemas vinculados co traslado da web, concretados en que non tódolos días estivo dispoñible a navegación co nome habitual www.amigosdotute.es e outras veces que si se podía ao entrar o nome da páxina cambiaba. Todo foi por mor dun erro burocrático que non tivo máis importancia que as molestias vistas. Desculpas por eles.

Outros cambios non moi importantes pero que agardo que sexan útiles teñen como obxectivo a web para os móviles, pois supoño que a maioría será o seu principal canal de uso da web.

Para comezar simplifícase a navegación. No canto de usar o mesmo menú ca no computador, úsase unha versión máis simple:

inicio, para volver sempre a páxina inicial
Calendario 2017/28, onde podedes consultar tanto as partidas pendentes como os resultados anteriores.
Locais, que é un despregable para que poidades consultar a situación de cada local.
Regulamento, para que vexades o regulamento que dispón a asociación por se precisades consultalo.
Novas, onde veredes estas e outras entradas con comentarios, avisos e demais.

Iranse engadindo cambios menores que se agarda fagan máis doado usar a web, tanto desde computadores como tabletas e móbiles.

Saudiños!!