Engadido mapa para os locais

Ola.

Cada local que ten equipo ten unha páxina, na que se irán pondo os detalles que queira o local. Polo de agora, o que si que se engadiu é un mapa obtido mediante o servicio de mapas de Google. Naturalmente, os locais que estaban dados de alta nese servizo sairán polo seu nome, nametres que os que non o estaban sairán pola dirección. Se algún local está interesado en saír polo seu nome e usar este e outros servizos, que non dubide en contanctarme no correo-e karl@atendapc.net ou ben no teléfono 988 604 053.

A maneira de localizar estas páxinas, polo de agora, é simplemente acceder á páxina da liga na que teña un equipo e pinchar no enlace que acompaña ao nome do local. Anteriormente engadira un recadro cos locais correspondentes aos equipos de cada liga e as súas direccións. A idea era engadir no canto dese texto o logo do local, pero só dispoño de algúns. Ben, pois agora, se pinchamos no nome apareceranos unha páxina co nome do local e un mapa para localizalo cómodamente.

Por suposto, mandádeme todas as erratas e suxestións a info@amigosdotute.es

Saudiños!!

Deja una respuesta