Final da Liga e 1ª rolda de eliminatorias

Celebrouse a final entre os gañadores das Ligas da Asociación Amigos do Tute de Ourense 2015, e o título de Campión de Campións foi para o equipo Milmañas, cun tanteador de 11 a 7 logo de remontar o 5-4 inicial.

Tamén se celebrou a primeira rolda da Copa, clasificándose o Bodegón Avda. de Marín, Vázquez, Scorpio, Chicho Caride, Carrabouxo, Alborada, Milanés e O Teu Lar, estes dous últimos logo de xogar o desempate a morte súpeta.

Proximamente publicaranse os emparellamentos para a segunda rolda, onde se suman os equipos que quedaran exentos da primeira rolda.

 

Saudiños e noraboa aos campións!

Deja una respuesta